A venda de coches a particulares realizada polos concesionarios da comunidade galega aumentou un 36,81 por cento na primeira quincena deste mes respecto ao mesmo período do ano pasado, cun total de 1.535 matriculacións fronte ás 1.122 de 2008, segundo a Federación de Asociacións de Concesionarios da Automoción (Faconauto).
Non obstante, Galicia é a cuarta comunidade española co menor incremento, tras Canarias (20,97 por cento), Baleares (27,89 por cento) e Extremadura (35,09 por cento). Os maiores crecementos de matriculacións a particulares na primeira quincena experimentáronse en Castilla y León (80,5 por cento), Aragón (77,6 por cento) e Cantabria (67,5 por cento).
A patronal cualificou de “bos” estes datos, xerados desde o inicio do plan 2000E do Goberno central, e dos que sinalou que permitirán pechar o ano con 688.854 matriculacións a particulares, cifra que implica un incremento do 4,6 por cento respecto a 2008.
Faconauto prevé que 2010 sexa un ano “plano”.
Fuente: El ideal Gallego, 16 de Diciembre de 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario