O Goberno galego quere apostar polos produtos da comunidade. E unha forma de promocionalos é outorgándolles o distintivo de calidade, unha medida que ten como obxectivo a posta en valor dos diferentes alimentos que se xeran aquí. Deste xeito, ademais daqueles que xa están avalados por este indicativo como é o caso das carnes, os derivados lácteos ou os viños, agora tamén se suman outros como a castaña, o grelo, os pementos (de Herbón, Arnoia, O Couto ou Oímbra), a faba de Lourenzá ou a tarta de Santiago.
Entre os últimos alimentos que obtiveron esta designación atópase a “Castaña de Galicia”. Foi o pasado mes de xulio cando o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, e a directora xeral de Innovación e Indutrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon Rego, asistiron á presentación desta Identificación Xeográfica Protexida (IXP).
O selo de calidade ampara os frutos obtidos a partir dos cultivos autóctonos do castaño europeo, destinados ao consumo humán e comercializados en fresco ou conxelado. Os frutos do castaño amaparados teñen un sabor doce e unha textura firme e non fariñosa. O ámbito xeográfico de producción da IXP “Castaña de Galicia” comprende a área da comunidade delimitada ao oeste pola dorsal galega e pola serra de O Xistral cara o norte, o que afecta a varios concellos de A Coruña, Lugo e Pontevedra, ademais da totalidade dos da provincia de Ourense.
Ao longo do 2009 Medio Rural tamén aprobou o reglamento da Denominación de Orixe Protexida “Pemento de Herbón”. A través deste trámite, e coa súa posterior publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) do pliego de condicións do produto, conseguirase a súa protección a nivel estatal, en tanto non se produce a súa inscripción definitiva no Rexistro Europeo de Denominacións de Orixe e Indicacións Xeográficas Protexidas. Co rexistro definitivo conseguirase a súa protección a escala europea.
Esta actuación responde a unha vella demanda dos horticultores da comarca padronesa, que reclamaba algún tipo de protección para este alimento. Deste xeito, os produtores desta zona da provincia coruñesa poderán comercializar os seus pementos cunha identificación específica que evitará a competencia deseleal doutras orixes, o que facilitará, ao mesmo tempo, a súa localización no mercado por parte dos consumidores.
Así, a zona de producción destes pementos queda delimitada para os concellos de Padrón, Dodro e Rois, na provincia da Coruña, e Pontecesures e Valga, na de Pontevedra). O feito de que este territorio esté conformado por un conxunto de vales delimitados polo curso baixo dos ríos Ulla e Sar, protexidos por varias serras e pola península de O Barbanza, fai que se den as condicións óptimas para o seu cultivo.
Outro dos produtos que foi recoñecido co selo de calidade foi o grelo, tan característico das terras galegas. Foi o pasado 30 de outubro cando o Diario Oficial da Unión Europea publicou o regramento polo que se inscribía a Indicación Xeográfica Protexida “Grelos de Galicia” no rexistro de produtos de calidade amparados no ámbito europeo.
O alimento que aparece descrito neste reglamento defínese como a parte vexetativa destinada ao consumo humano procedente de plantas da especie “brassica rapa” (coñecida como nabo), das variedades que se dan nos ecotipos de Santiago e Lugo, así como as variedades comercializadas como “Grelos de Santiago” e “Globo blanco de Lugo”.
Viños e augardentes > Os viños son outros dos produtos galegos máis recoñecidos. De feito, na comunidade existen cinco denominacións de orixen -Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras-, ás que hai que engadir os “viños da terra” e as denominacións xeográficas dos augardentes e licores tradicionais de Galicia. En canto aos coñecidos como “viños da terra”, nesta lista inclúense os correspondentes as zonas Barbanza e Iria, Betanzos e Valdemiño-Ourense. No tocante ás augardentes e licores tradicionais, o “Orujo de Galicia” está regulado dende 1989, o que fai que a comunidade sexa a única rexión española con dereito á denominación xeográfica, na mesma categoría que os “marcs” franceses ou as “grappas” italianas.
A este hai que engadir as distintas variantes de licores e augardentes, como é o caso do augardente de herbas, o licor café ou o licor de herbas. A aposta da Xunta por este tipo de produtos queda patente coa organización da Cata das Augardentes de Galicia, que se celebra de forma anual.
Fuente: El Ideal Gallego, 17 de Diciembre de 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario